7.3.12

Reto literario 4º ESO

Grazas a Patricia Arias aprendín a facer retos ou "batallas" na aula, todo un invento! Consegues que o alumnado se decate do moito ou pouco que sabe e consegues que abran o libro para mirar a información.

Tamén é unha ferramenta de avaliación do máis fiable, moito máis ca calquera proba escrita, porque a rapidez na resposta premia aos que realmente atenden, traballan e estudan.

Nesta presentación quedan recollidas as preguntas que empregamos antes da segunda avaliación para repasar a materia dende Cabanillas ata Blanco Amor.

Espero que vos sexa útil.


27.2.12

E ti como ligas en galego

Un agasallo de RedeNasa. Xa podedes aprender a ligar en galego! Escoitade.

25.2.12

Unha de Vangardas

O alumndao de 4º da eso do IES de Mos experimentou algunha das "rarezas" dos poetas vangardistas e demostraron as dotes para crear poemas dadaístas e cubistas. Neste Calameo deixo algunha das obras mestras.

24.2.12

ROTEIRO A ESMORGA

Literatura Galega de posguerra

Rosalía de Castro


Hoxe, 24 de febreiro, celebramos os 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Como homenaxe á poetisa de Padrón déixovos o poema que máis me gusta da autora, xa que nel podemos ver os sentimentos máis profundos, amor polos fillos e odio cara unha sociedade inxusta, non moi afastada da actual na que, unha vez máis, os problemas dos "ricos" páganos os "pobres".

Facede clic no título e escoitade a marchosa versión do poema de Rosalía a man de NAO.

Grazas Xoan por todos os retallos de nós que
nós deixas nesta xanela. Bicos Mar polos grnaciños de area que fan a "casa" máis grande.

A xusticia pola man. Rosalía de Castro

Aqués que tén fama d' honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu' eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
fixéronm' un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

―――

Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum' a xusticia.
Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.

Rosalía de Castro (1993). Follas Novas. (Vigo: Galaxia)

16.2.12

Valentín Paz Andrade

Dous enderezos esenciais para coñecer máis sobre o autor das Letras deste anos 2012: Valentín Páz Andrade:

25.1.12

XOELIKI

O debuxante e deseñador gráfico Abraham Carreiro (foto de Blogger) e o cineasta, músico e poeta Maties Segura Rubio convídanvos a entrar no mundo dos xogos on-line e na vida do ciberpirata máis famoso neste intre, Xoeliki,

Despois de Xoelike. As aventuras dun ciberpirata, xa está a piques de saír o segundo libro deste rapaz ao cal lle encanta meterse en sarillos. Se queredes resolver algúns dos misterios que engaiola o libro só tedes que acceder á web facendo clic na seguitne imaxe.



11.1.12

CANTOS GALEGOS HAI?

As linguas non son compartimentos pechados, todo o contrario somon elementos de comunicación que están mudando constantemente cando os seus falantes a empregan para comunicarse.

Podemos dicir que dentro das linguas conviven variedades producidas por distintos factores.

a) Históricos: o que nos permiten diferenciar a variedade de galego que se usaba na Idade Media do da época actual.

b) Socioculturais (var. diastráticas): o que permite diferenciar diferentes niveis de lingua segundo o grao de corrección lingüística con que se expresen os falantes: cultos, medio, popular ou vulgar.

c) Situacionais (var. diafásicas): o que permite diferenciar as distintas maneiras de falar dunha persoa segundo a situación comunicativa na que se atope. Dependendo do tema, da intención ou da relación co interlocutor podemos expresarnos nun rexistro formal ou informal.

d) Xeográficos (var. dialectais): o que permite diferenciar o galego segundo a zona xeográfica na qu esteamos. A priemira distinción deixa ver que hai tres grandes bloques: oriental, central e occidental; pero se analizamos cada un deles atoparemos peculiaridades que nos levaran a distinguir areas máis pequenas con identidade propia como a lucu-auriense, a fisterrá, a tudense, entre outras. Para saber máis sobre os trazos de cada zona, ver algún mapas e escoitarou ler textos das distintas áreas remítovos as seguintes páxinas:


Outras variedades:

a) As linguaxes especificas: xergas (o barallete, lingua dos afiadores de Ourense, o latín dos chafoutas ou albaneis de Tui e Pontevedra, etc.) e linguaxes profesionais ou tecnolectos ( linguaxes con léxico específico como é a dos médicos, informáticos ou mariñeiros entre outros).

b) O estándar é a variedade común a todos os falantes modelo ideal para as situacións comunicativas formais cun nivel medio.

10.1.12

O VALOR DA OBRA DE CASTELAO

Cousa da vida de Castelao
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, por Resolución do 28 de xuño de 2011, incoa o expediente para a declaración de ben de interese cultural e inmaterial en favor do conxunto da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, sobre a base do seu valor simbólico e o interese do conxunto da obra en canto vehículo de concienciación e afirmación da identidade diferencial do pobo galego.